miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Agustín Hernández propón a creación de sete novas áreas de aparcamento no borde da cidade

Agustín Hernández propón a creación de sete novas áreas de aparcamento no borde da cidade
Agustín Hernández propón a creación de sete novas áreas de aparcamento no borde da cidade

Hernández explicou que a proposta Popular suporá a construción de novas áreas disuasorias que ofrecerían algo máis de 600 prazas, o que equivalería a case duplicar a oferta que na actualidade é de 800 prazas, elevando a 11 o número de áreas de aparcadoiros disuasorios

O presidente do Partido Popular e candidato á alcaldía de Santiago, Agustín Hernández, presentou onte unha nova cláusula de su contrato capital, que estará destinada a “facer de Santiago unha cidade máis habitable e máis amable para o peón e o ciclista”. Esta medida propón completar a oferta de áreas de aparcamento no borde da cidade o que facilitará que se deixen os vehículos nas entradas e disuadir aos condutores de que accedan ao centro da cidade e intensifiquen os elevados índices de tráfico e de contaminación.

Hernández explicou que a proposta Popular suporá a construción de 7 novas áreas disuasorias que ofrecerían algo máis de 600 prazas, o que equivalería a case duplicar a oferta que na actualidade é de 800 prazas, elevando a 11 o número de áreas de aparcadoiros disuasorios.

Estas superficies, que se executarían sobre solo públicos, polo que non sería necesario proceder á expropiacións, contarían con firme asfaltado e sinalización vertical e horizontal, así como indicadores da súa existencia nas proximidades e estarían conectadas a uns paneis informativos luminosos nos accesos á cidade.

Inicialmente contémplase maioritariamente a gratuidade do aparcamento, aínda que, segundo a localización e o comportamento de cada área, podería ser necesario garantir a rotación de vehículos, sen que iso comporte necesariamente a implantación de tarifas.

Fontiñas e Sar

Agustín Hernández remarcou que dúas destas áreas situaríanse en Fontiñas, unha delas situaríase nunha parcela duns 2.000 m2, no inicio do ramal de acceso a Fontiñas desde a SC-20, entre as rúas rúas Roma, Londres, Riga e do Vieiro, cunha capacidade para uns 60 vehículos. A segunda estaría en parte da zona verde, na rúa Lisboa na parte máis próxima á superficie comercial. Ocuparía un total de 2.500 m2, mantendo na súa integridade o arborado e elementos vexetais e con superficie drenante.

Outras dúas áreas emprazaríanse nas proximidades do couce do Sar, unha nas proximidades do paso baixo a SC-20 do vial Clara Campoamor, preto da vía férrea, nun lugar que xa vén sendo empregado para aparcar algúns vehículos. Nunha parcela de 2.400 m2 poderíanse deixar ata 80 vehículos. Daría servizo preferente ao barrio de Sar e permitiría un cómodo acceso ao centro da cidade a través da rúa Bernardo Barreiro. A segunda, está integrada por dúas parcelas próximas, situadas na rúa do Río Arriba, a pista que conecta a zona de Pontepedriña con Ponte Pereda.

Son dúas parcelas de 1.000 m2 cada unha, situadas case unha enfronte da outra, que ofertan no seu conxunto 80 prazas e virían a canalizar e ordenar o caos que se rexistra desde hai anos nesa zona. Outras dúas encadraríanse en Pontepedriña e tamén incidirían na ordenación e oferta desa zona hoxe masificada e caótica.

Pontepedriña e Conxo

O voceiro Popular concretou que a quinta área tamén serve de complemento á zona de Pontepedriña, está situada na rúa Escultor Camilo Otero. Son 2.000 m2 que, ademais de recuperar e ordenar unha zona degradada, dispoñerá dunhas 70 prazas. A sexta área pecha a ampliación da zona de Pontepedriña cunha ampla superficie, duns 4.000 m2, situados no inicio da ría do Río Arriba, nunha parcela que actualmente ocupan uns grandes tubos de formigón cos que se pretendeu “decorar” a zona. Está situado a uns 200 m do aparcadoiro do AVE de Pontepedriña e ofertará unhas 170 prazas.

Por último, a sétima área situarase nunha parcela equidistante entre o aparcadoiro de Santa Marta e o habilitado hai escasos meses na Avenida de Ferrol, moi próximo ao CEIP Quiroga Palacios, no triángulo formado pola rúa Conxo de Arriba, Avenida de Ferrol e o propio CEIP. Son 1.800 m2 que permitirán crear unhas 60 novas prazas de aparcamento, que poderán prestar servizo tamén, entre outros, á comunidade educativa da zona.

Agustín Hernández aclarou que, ademais, destas novas áreas de aparcamento, contémplase a colocación de 7 paneis informativos nas entradas da cidade informando da localización e dos niveis de ocupación destas áreas. A súa colocación é a seguinte:

Na entrada pola Avda. da Coruña, a uns 100 metros da rotonda coa Avda. de Asturias.

Ao inicio da SC-20, desde o polígono do Tambre.

Na entrada desde a autovía de Lavacolla (A-54), 150 metros antes da rotonda da Sionlla.

No tramo da SC-20 pola Avda. de Lugo antes do paso sobre a rúa de Sar.

No acceso pola Avda. do Restollal, pouco despois da glorieta do Castiñeiriño.

Na entrada pola SC-20 desde A Rocha, antes da glorieta de Volta do Castro.

No acceso á SC-20 desde a estrada de Noia (AC-543), despois do paso subterráneo de Vidán.

Recuperación do aparcadoiro preto do Estadio de San Lázaro

Esta planificación, remarcou Hernández, aínda sería complementada coa recuperación do deteriorado aparcadoiro próximo ao Estadio de San Lázaro, onde hai unhas 1.500 prazas que darían un gran servizo como aparcamento disuasorio de cara ao Xacobeo de 2021, polas súas condicións para o uso turístico, por estar próxima e ben comunicada co periférico e a autoestrada do Atlántico. “Unha proposta que levamos hai case un ano ao Pleno e que, a pesar de ser aprobada por unanimidade, nada se fixo”, destacou.

Todas estas actuacións irán acompañadas por un reforzo das frecuencias das liñas de autobús que enlacen estas superficies co centro urbano, actuando a modo de servizos expréss, para que fagan atractivo e funcional o estacionamento nestes lugares, contribuíndo así a minorar o tráfico no centro da cidade.

Finalmente, o candidato Popular indicou que “para executar estas accións reclamaríamos a participación técnica e económica da Xunta de Galicia, tendo en conta que a Administración autonómica ten entre os seus obxectivos a promoción da creación ou habilitación deste tipo de superficies no contorno das grandes cidades, e da Deputación da Coruña.

Comentarios
Lo más