miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O CEIP das Fontiñas cumpre 25 anos de existencia

O CEIP das Fontiñas cumpre 25 anos de existencia
O CEIP das Fontiñas cumpre 25 anos de existencia

O centro foi creado no ano 1993. E sempre foi un centro educativo cun referente moi importante, o barrio de Fontiñas, xa que este centro acolle a grande parte das crianzas desta zona, arredor de 450 escolares entre Educación Infantil e Educación Primaria

O CEIP das Fontiñas está de aniversario e cumpre 25 anos. Por iso queren celebrar con toda a comunidade esta data compartindo unha serie de eventos e aprendizaxes xuntos.

Os obxectivos desta celebración son varios. Dende o punto de vista máis educativo, queren que o alumnado coñeza a historia do centro e tamén o patrimonio da zona máis cercana ao centro. Desta forma tentan de poñer en valor a contorna para sentirse partícipes do seu coidado e conservación, potenciando para isto o traballo en colaboración de toda a comunidade escolar.

Por outra banda, é obxectivo tamén desta celebración estreitar as as relacións entre os diferentes sectores da comunidade educativa, sendo todos partícipes desta celebración. O obxectivo é abrir o centro á comunidade educativa e ao barrio en xeral (asociacións culturais, colaboración intercentros, empresas, centros sociais…)

UN POUCO DE HISTORIA

O centro foi creado no ano 1993. E sempre foi un centro educativo cun referente moi importante, o barrio de Fontiñas, xa que este centro acolle a grande parte das crianzas desta zona, arredor de 450 escolares entre Educación Infantil e Educación Primaria. Trátase dun barrio relativamente novo, creado a principios dos anos 90 e ideado para unha poboación familiar.

Por iso para esta celebración parten do carácter educador e de socialización, xa que o centro escolar é parte dunha contorna diversa e plural como é o barrio de Fontiñas no que se atopa o centro. De feito, segundo estudos recentes realizados no centro, o 20% do alumnado de Educación Primaria no colexio ten algún vínculo directo ou indirecto cunha cultura distinta á maioritaria. O que reflicte a diversidade e pluralidade do propio barrio.

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS

Con motivo deste 25 aniversario, dende o CEIP das Fontiñas e a ANPA están a organizar distintas actividades entre os meses de abril e xuño. Algunhas destas actividades son dirixidas principalmente ao alumnado, e outras estarán ofrecidas na súa totalidade ao conxunto da comunidade escolar e mesmo a todo o barrio.

Teñen programadas varias xornadas de actividades, con actuacións musicais, culturais, artísticas, así como charlas e debates. Implican a moita xente que tivo ou ten relación co centro: desde antigo alumnado e docentes, a pais e nais, ou entidades socio culturais do barrio. Estas xornadas rematarán nun gran final de festa programado para o mes de xuño.

Comentarios
Lo más