miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bascuas presentou a súa candidatura para as vindeiras municipais

Bascuas presentou a súa candidatura para as vindeiras municipais
Bascuas presentou a súa candidatura para as vindeiras municipais

Compromiso presentou as principais liñas do programa electoral para o Santiago dos próximos catro anos

O candidato a alcaldía de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, presentou o programa electoral para os próximos catro anos acompañado dos membros da candidatura, que interviron introducindo as principais propostas. 

Entre outros membros da listaxe, falaron na presentación: Nicole López, que deu a coñecer as medidas en Transparencia; Manel Iglesias, en Fiscalidade; Lorena Moreno, en Servizos Sociais; Miguel Freire, en Emprego; Marieta Barral, en Casco Histórico; Prudencio Viveiro, en Cultura; Laura Seoane, en Igualdade; Xabier Salgado, en Educación e Deporte; Silvia Suárez, en Medioambiente; Diego Sande, no Rural e Transporte Publico e Virginia Torres en Urbanismo e Vivenda. 

Na presentación tamén interviu Xaquín Núñez, número vintecinco da lista, que o fixo por video ao atoparse por motivos laborais fóra do país. Un acto que xuntou a trescentas cincuenta persoas e que simbolizao inicio das eleccións do 26 de maio.

Comentarios
Lo más