miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Doce afectados por un brote de tuberculose en Camariñas

Doce afectados por un brote de tuberculose en Camariñas
Doce afectados por un brote de tuberculose en Camariñas

Actualmente, os controis, unha vez analizados os centros educativos, están centrándose no ámbito familiar dos menores e nos transportes e actividades

Ao comezo do 2019, un escolar de Camariñas deu positivo en tuberculose. A partir de ahí, comezaron unha serie de sesións informativas dirixidas a pais e nais para informar e unha campaña de controis por parte do Sergas, dando como resultado un total de 12 rapaces, nenos e adolescentes, que tamén teñen tuberculose pero en estados iniciais. Actualmente, os controis, unha vez analizados os centros educativos, están centrándose no ámbito familiar dos menores e nos transportes e actividades.

Nun principio os pais e nais alarmáronse ante a situación pero despois de varias charlas informativas, xa se coñece o protocolo e a situación está máis tranquila, segundo afirma a alcaldesa Sandra Insua.

Pola súa parte, María José Pereira, jefa da Unidade de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Hospital de A Coruña, considera que Camariñas vai ser "un área especialmetne sensible" durante un tempo e que se lle vai prestar un "particular cuidado". Considera que non hai motivo de alarma: "O preocupante era non saber a realidade. Agora estamos máis tranqulios porque xa coñecemos o alcance". Acerca do contaxio, Pereira afirma que "non se produce por compartir un autobús". A especialista informa que nos doce afectados do brote, a enfermidade detectouse no inicio, con casos que nin sequera se aprecia lesión a nivel pulmonar.

Comentarios
Lo más