miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Audiencia absolve a tres sospeitosos de traficar con droga en Ourense

A Audiencia absolve a tres sospeitosos de traficar con droga en Ourense
Foto de arquivo
A Audiencia absolve a tres sospeitosos de traficar con droga en Ourense

O tribunal destaca que non existe “ningunha proba, ningún indicio” que conecte a unha das acusadas cos feitos que lle imputan

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense absolveu a tres acusados de traficar con droga no interior de vivendas. O tribunal relata que os axentes dos grupos de Estupefacentes, Seguridade Cidadá e Goes da Comisaría Provincial de Ourense rexistraron en maio de 2017 tres inmobles presuntamente relacionados coa venda de substancias estupefacentes. Cando accedían a un deles, alguén tirou pola xanela catro botes que contiñan heroína e cocaína, "sen que se puidese acreditar quen os lanzou".

O tribunal destaca que non existe “ningunha proba, ningún indicio” que conecte a unha das acusadas cos feitos que lle imputan. “Non se realizou confiscación de efecto ningún relacionado co tráfico de substancias estupefacentes no inmoble que ocupaba cun dos sospeitosos”, indica a Audiencia, que tamén salienta que “ningún dos axentes observou que entrase ao inmoble nin a viron desenvolver actividade ningunha relacionada co tráfico”.

Os compradores tampouco identificaron “a ningún dos acusados como as persoas que lles forneceron a substancia estupefaciente incautada”. Os maxistrados destacan que a “única conexión” que ten cos feitos un dos sospeitosos é “a propiedade do inmoble onde se realizan os actos de tráfico”, un dato “que non xustifica a súa imputación”.

Comentarios
Lo más