José Luis Mariño gañador do II Trofeo de Ciclismo Concello de Ordes
O concelleiro José Manuel Rodríguez foi o encargado de entregar os trofeos
Máis de cen ciclistas participaron esta fin de semana no IV Challenge Cidade de Santiago. II Trofeo de Ciclismo Concello de Ordes.
Tanto a meta como a saída quedaron situadas diante do Concello vello para un percorrido que superou os 74 quilómetros, os mesmos para as probas máster 30, 40 e 50. Respectivamente os primeiros clasificados foron José Luis Mariño (1:50:46), Rubén Fernández (1:50:46) e Juan Manuel Toribio (1:51:31). O concelleiro José Manuel Rodríguez foi o encargado de entregar os trofeos.
Ademais da Federación Galega de Ciclismo e do Concello de Ordes na posta en marcha da proba participaron as seguintes firmas comerciais: Ciclos Ordes, Castrosúa, Silmaplast, Norinver, MVA, Vayper automoción e Elitec.