miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Brión acollerá hoxe unha exhibición solidaria da Garda Civil

Brión acollerá hoxe unha exhibición solidaria da Garda Civil
Brión acollerá hoxe unha exhibición solidaria da Garda Civil

Ás 12:30 horas terá lugar un simulacro de rescate dun ferido en montaña

A Comandancia da Garda Civil na Coruña, en colaboración co Concello de Brión, realizará hoxe mércores 8 de maio, de 9:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas, unha exhibición solidaria na contorna do polideportivo municipal brionés durante a que fará unha campaña de recollida solidaria de alimentos e material escolar, que será entregado a Cáritas para distribuír entre os colectivos máis vulnerables.

Ás 12:15 horas terá lugar unha visita de autoridades, con declaracións aos medios de comunicación, na que estarán presentes: José Luís García, alcalde de Brión, Javier Losada, delegado do Goberno en Galicia, Pilar López-Rioboo, subdelegada do Goberno na Coruña, Luís Francisco Rodríguez, xeneral xefe da XV Zona da Gardia Civil e Francisco Javier Jambrina, coronel da Comandancia da Coruña.

Acto seguido, ás 12:30 horas terá lugar un simulacro de rescate dun ferido en montaña (Equipo Cinolóxico e Equipo de rescate e intervención en montaña de Ourense) e ás 13:00 horas unha exhibición de actividades de cans de detección de drogas e explosivos.

A xornada matutina está pensada para asistencia de centros escolares de toda a provincia mentres que a tarde será de actividades abertas ao público, coa repetición do rescate en montaña (16:30 horas) e o despegue dun helicóptero da Garda Civil nos terreos anexos ao CEIP Pedrouzos.

Comentarios
Lo más