miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Marea Cidadá presenta alegacións ao Plan de Transporte de Galicia

A Marea Cidadá presenta alegacións ao Plan de Transporte de Galicia
A Marea Cidadá presenta alegacións ao Plan de Transporte de Galicia

A Marea Cidadá de Noia presentou da man do seu voceiro e candidato Manolo Seijas alegacións ó Plan de Transporte de Galicia

A Marea Cidadá de Noia ven de ver aprobadas parcialmente as alegacións presentadas ao Plan de Transporte de Galicia, dando saída a unha das demandas máis importantes da nosa vila.

O Plan de Transporte de Galicia presentaba varias deficiencias no que respectaba á mobilidade interna na contorna noiesa. Fundamentalmente, os problemas viñan derivados das paradas marcadas polo Plan, xa que ningunha liña contaba con paradas no Mercado de Abastos e só unha contaba con parada no Centro de Saúde.

O transporte interior en Noia vense empregando con dúas finalidades principais: achegamento ó núcleo comercial da vila, e transporte por motivos sanitarios. No que respecta á mobilidade con fins sanitarios, cómpre apuntar que a parada máis cercana ó Centro de Saúde atopábase na Estación de Autobuses, a 1,2 quilómetros.

Por estes motivos, a Marea Cidadá de Noia presentou da man do seu voceiro e candidato Manolo Seijas alegacións ó Plan de Transporte de Galicia que, segundo nos acaban de informar, foron parcialmente aprobadas.

Comentarios
Lo más