Problemas para escolarizar aos nenos de Ames
En tres dos centros educativos de Ames hai lista de espera
En tres dos centros educativos de Ames hai lista de espera. No EEII de Milladoiro, no CEIP Barouta e no CEIP Agro do Muíño teñen varios cursos saturados.
Na EEII de Milladoiro teñen tamén saturado cuarto curso con oito nenos en lista de espera. Trátase do primeiro curso que se imparte no centro. Incluso en quinto curso hai unha lista de espera de dous nenos.
No CEIP Barouta, hai sete nenos na lista de epsera para primeiro de primaria e un só neno para cuarto e infantil e sexto.
No CEIP Agro do Muíño, cuarto de infantil ten unha lista de espera de oito nenos; e sexto hai un menor en lista de espera. Tamén teñen todas as prazas cubertas en primeiro e terceiro curso de primaria.
O máis viable é que o alumnado que non obtivo praza en Agro de Muíño e Barouta se asigne ao CEIP A Maía-Bertamiráns. O listado definitivo de admisións publicarase o día 14 de maio.