Chega a chuvia para quedarse na cidade
08:00 07/05/19
08:00 07/05/19
En Compostela a temperatura mínima será de 13ºC e a máxima de 16ºC
Galicia verase afectada durante o martes por unha borrasca que se achegará polo Atlántico, no seu camiño cara ás Illas Británicas.
Con esta situación, agárdanse ceos anubrados con chuvias febles na franxa atlántica que se irán estendendo co avance da xornada.
Á noite as chuvias chegarán á toda a Comunidade sendo máis intensas no oeste.
As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. En Compostela a temperatura mínima será de 13ºC e a máxima de 16ºC.
Os ventos soprarán do suroeste, entre frouxos e moderados, aumentando a fortes pola noite na metade norte e no litoral entre Bares e a Costa da Morte.