miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os compañeiros da menor morta en Cospeito reciben axuda psicolóxica

Os compañeiros da menor morta en Cospeito reciben axuda psicolóxica
Fuente: Twitter
Os compañeiros da menor morta en Cospeito reciben axuda psicolóxica

Os restos mortais da pequena recibiron onte sepultura nunha parroquia do municipio de Xermade

Profesionais do Equipo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) desprazáronse onte luns a Muimenta, no municipio lucense de Cospeito, para prestar atención especializada aos compañeiros da nena de sete anos que apareceu morta o pasado venres na súa propia cama, por causas que aínda está a investigar o Xulgado Número 1 de Vilalba (Lugo).

Os membros do GIPCE, un equipo coordinado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, estiveron onte en Muimenta para asistir aos compañeiros da pequena falecida, á que os seus familiares atoparon morta na súa propia cama o pasado venres, precisamente cando ían levantala para ir ao colexio.

Onte aínda permanecía ingresada no HULA a nai da pequena, que tivo que ser hospitalizada a causa do shock pola morte da nena.

Non transcenderon, de momento, máis novidades desde o ámbito xudicial, salvo que o Xulgado Número 1 de Vilalba xa ten o informe preliminar da autopsia e que a autoridade xudicial non ordenou ningunha detención.

Os restos mortais da pequena recibiron onte sepultura nunha parroquia do municipio de Xermade.

Comentarios
Lo más