miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compostela acolle hoxe a presentación da Plataforma Empresarial de Afectados da AP9

Compostela acolle hoxe a presentación da Plataforma Empresarial de Afectados da AP9
Compostela acolle hoxe a presentación da Plataforma Empresarial de Afectados da AP9

A plataforma nace co obxecto de restituír os danos e prexuízos ocasionados a empresas, autónomos e profesionais usuarios da autoestrada AP-9

A Federación Galega de Transportistas e o despacho xurídico Xoán Antón Pérez-Lema Avogados e Consultores, presentan hoxe a Plataforma Empresarial de Afectados da AP9 que nace co obxecto de restituír os danos e prexuízos ocasionados a empresas, autónomos e profesionais usuarios da autoestrada AP-9, vítimas dos abusos de Audasa, concesionaria da autoestrada.

Audasa non prestou o servizo nas condicións necesarias de fluidez e seguridade a raíz das obras de mellora na ponte de Rande entre febreiro de 2015 e xuño de 2018, e, neste período, non só seguiu cobrando o importe ordinario da peaxe como se o servizo fose prestado en correctas condicións, senón que inclusive aplicou a suba de 1 de xaneiro 2018, malia que as obras non remataron ata varias meses despois.

Comentarios
Lo más