miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG de Ribeira aproba o seu programa electoral na que inclúen 50 achegas veciñais

O BNG de Ribeira aproba o seu programa electoral na que inclúen 50 achegas veciñais
O BNG de Ribeira aproba o seu programa electoral na que inclúen 50 achegas veciñais

Vázquez Cobas destacou que todas as propostas quedaron aprobadas e van ser incluídas

O BNG ribeirense celebrou, na tarde do venres, unha asemblea aberta para aprobar o programa de goberno coas ideas que preteden levar adiante ao longo dos vindeiros catro anos. Fontes do Bloque apuntan a que se recibiron unhas cicuenta achegas de ámbitos moi diversos como; ecoloxismo, feminismo, mobiliario urbano ou mellora de servizos públicos.

O voceiro nacionalista, Xosé Antonio Vázquez Cobas, explicou que se atopa moi satisfeito “en só dez días recibimos moitas propostas e todas se aprobaron” polo que serán incorporadas ao programa de goberno. Vázquez Cobas cre que “este feito é moi positivo non só para o BNG senón tamén para a propia veciñanza que quere e pode participar con voz e voto na política municipal” argumentou.

Vázquez tamén puxo en valor que “a maior parte das achegas chegaron pola canle whatsapp” que o Bloque abriu para facilitar a comunicación coas veciñas e veciños. Apuntou que o programa estará dispoñíbel na web para quen o desexe consultar e imprimiranse por demanda como medida de aforro económico e ambiental para reducir o uso de papel.

Comentarios
Lo más