Agustín participa nos encontros de Santiago e destaca que está "a traballar para atopar solucións"
O responsable Popular aproveitou para escoitar á xente que lle reiterou a necesidade de mudar a liña que está a recorrer a cidade desde hai catro anos, onde se perdeu a entidade de capital e se soportan carencias incomprensibles para unha cidade do século XXI
O candidato e presidente do Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández, asistiu aos distintos encontros cos veciños da capital de Galicia, para desfrutar dos distintos eventos festivos e seguir recollendo as demandas que teñen os distintos barrios e parroquias da cidade.
Agustín Hernández participou nas festas de Santa Lucía das parroquias de Lavacolla e O Eixo, ademais do encontro do Banquete de Conxo. Nestas citas, o responsable Popular aproveitou para escoitar á xente que lle reiterou a necesidade de mudar a liña que está a recorrer a cidade desde hai catro anos, onde se perdeu a entidade de capital e se soportan carencias incomprensibles para unha cidade do século XXI.
Hernández insistiu en que, de obter a confianza dos santiagueses o vindeiro 26 de maio, recuperará o traballo que non lle deu tempo a executar no ano 2015, intentará devolver, desde o primeiro día, a renovación da cidade; e a reestructuración dos servizos que hoxe Santago soporta en precario.
O Popular insistiu en que a súa folla de ruta baséase en actuacións imprescindibles e reais, e reiterou que ninguén escoitará de el “promesas baleiras, ideas que calquera sabe que non poden ser executadas sen orzamento e sen a colabotación doutras administracións”.
Hernández aclarou que “sería moi fácil ir lanzando palabras ao vento, falar sen ter planificación e sen realizar os estudos necesarios para saber se realmente son esas as necesidades de Santiago”.
Finalmente, o candidato Popular destacou que nos vindeiros días os santiagueses poderán coñecer as restantes cláusulas do contrato capital que asinará cos veciños, explicou tamén que decidiu non facer un mero programa electoral, senón “un contrato, un verdadeiro compromiso e, así alonxarse, de proclamas electoralistas, sen contido e sen programación”.