miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Argibay presenta a súa candidatura para os populares de Ames

Argibay presenta a súa candidatura para os populares de Ames
Argibay presenta a súa candidatura para os populares de Ames

Argibay, salientou o compromiso e a ilusión coa que este equipo se presenta aos vindeiros comicios “para rematar con catro anos de parálise no noso concello e para recuperar a senda do progreso e desenvolvemento económico"

O Partido Popular de Ames vén de presentar a súa candidatura ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio no decurso dun acto celebrado este xoves no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Ante un nutrido grupo de asistentes, o cabeza de lista e candidato a alcaldía de Ames, Ramón Gª. Argibay, salientou o compromiso e a ilusión coa que este equipo se presenta aos vindeiros comicios “para rematar con catro anos de parálise no noso concello e para recuperar a senda do progreso e desenvolvemento económico que nos corresponde como un dos concellos máis dinámicos da comarca da capital de Galicia”.

Durante a presentación, o candidato do Partido Popular destacou o equilibrio que acadaron coa configuración da lista que someterán a consideración dos veciños e veciñas de Ames. Así, destacou que os dous núcleos urbanos de Ames, Bertamiráns e Milladoiro, así como a importante compoñente rural deste concello quedan perfectamente reflectidos nos veciños e veciñas que se uniron neste proxeto común. “Poucos concellos galegos teñen a enorme sorte de contar con dous núcleos urbanos e un contorno rural tan singular coma o noso e isto tense que ver reflectido en todas as nosas actuacións”, salientou.

Ramón Gª Argibay tamén valorou de forma moi positiva a incorporación de persoas procedentes doutras filas como é o caso de Carolina Barrero, ex militante de Ciudadanos e membro do equipo de Javier López, concelleiro non adscrito do último goberno local de Ames. Neste sentido, o candidato do PP destacou que “nun momento complicado no que vivimos no Partido Popular, resulta moi gratificante ver coma o noso proxecto configúrase como o único de centro dereita de Ames por iso segue atraendo a profesionais de gran valía que veñen a aportar experiencia e tamén outra perspectiva política”.

Finalmente, o candidato a alcaldía de Ames polo PP destacou a profesionalidade de todos os integrantes do seu equipo, destacando os seus perfís profesionais que van desde o comercio e a xestión empresarial, os asuntos sociais, a sanidade, a violencia de xénero, así como a alta profesionalidade do equipo en fiscalidade, economía e asuntos laborais, e a implicación no tecido asociativa e veciñal, ademais de seren autónomos e pequenos empresarios.

Comentarios
Lo más