miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Excarceran a unha muller ao caer o seu vehículo por un terraplen

Excarceran a unha muller ao caer o seu vehículo por un terraplen
Excarceran a unha muller ao caer o seu vehículo por un terraplen

Tras ser liberada, a ferida foi trasladada polos servizos sanitarios ao Hospital do Barco

Minutos antes das 22:30 horas deste sábado, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia da caída dun turismo por un terraplén, en Celavente, no concello do Bolo.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros e membros do GES de Valdeorras. Tamén, se solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil da localidade. Unha vez no lugar, os Bombeiros tiveron que excarcerar á muller e única ocupante do turismo ao quedar atrapada no seu interior.

Tras ser liberada, a ferida foi trasladada polos servizos sanitarios ao Hospital do Barco.

Comentarios
Lo más