Morre un home atropellado polo seu tractor na Estrada
O 112 Galicia tivo constancia do suceso minutos antes das 23:00 horas, a través dunha persoa particular. Informaba dun home que quedara baixo o tractor na finca da casa
Un home faleceu onte no lugar de Constenla, en Nigoi, no concello pontevedrés da Estrada, mentres manexaba o seu tractor nunha finca da súa propiedade.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso minutos antes das 23:00 horas, a través dunha persoa particular. Informaba dun home que quedara baixo o tractor na finca da casa.
A partir dese momento, púxose en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros do Deza, que decontado se desprazaron ao punto. Tamén, os membros do GES da Estrada, Garda Civil e Policía Local foron informados dos feitos polo 112 Galicia.
Nada mais chegar ao lugar, os servizos sanitarios de urxencia só puideron confirmar o falecemento da persoa.