A Garda Civil organiza un evento solidario en Brión o vindeiro 8 de maio
O evento consistirá nunha mostra das distintas funcións que desenvolve a Garda Civil
A Comandancia da Garda Civil na Coruña, en colaboración co Concello de Brión, realizará unha campaña de recollida de alimentos e material escolar que serán entregados a Cáritas para distribuír entre os colectivos máis vulnerables.
Á iniciativa, indicaron as mesmas fontes, a organización ten prevista a asistencia do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e duns 2.000 escolares, os cales se atopan dentro do Plan director da Compañía da Garda Civil de Santiago.
O evento consistirá nunha mostra das distintas funcións que desenvolve a Garda Civil, para a que acudirá o Equipo de rescate e intervención en montaña de Ourense ( EREIM), tres cans do Equipo Cinológico encargados da procura de persoas desaparecidos, detección de estupefacientes ou achados de explosivos, helicóptero da Garda Civil, Grupo de Actividades Subacuáticas ( GEAS) e o Grupo de Reserva e Seguridade con equipo de intervención bacteriológica, radiológica ou química ( GRS) de Pontevedra.
Tamén estarán o Sector de Tráfico da Garda Civil en Galicia, Policía Xudicial, Seguridade Cidadá, Servizo de Protección á Natureza (Seprona) e o Grupo de Desactivación de Explosivos ( Gedex) con robot encargado da desactivación de artefactos.
Segundo o Instituto Armado, as actividades terán lugar no Pavillón Polideportivo de Brión o próximo día 8 de maio.