Sábado soleado na cidade
08:00 04/05/19
08:00 04/05/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 7º e a máxima os 21ºC
O sábado continuaremos na influencia das altas presións que se estenden dende Azores ata Islandia en forma de cuña.
Así, os ceos permanecerán pouco anubrados ou despexados en xeral, con néboas matinais no interior e nubes de estancamento no terzo norte.
As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 7º e a máxima os 21ºC.
Os ventos soprarán frouxos do nordés, con intervalos entre moderados e fortes no litoral.