miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un bombeiro resultou afectado cando traballaba na extinción dun incendio nunha nave en Oleiros

Un bombeiro resultou afectado cando traballaba na extinción dun incendio nunha nave en Oleiros
Un bombeiro resultou afectado cando traballaba na extinción dun incendio nunha nave en Oleiros

O afectado xa foi trasladado consciente e estable, mentres os equipos continúan no lugar debido ao intenso fume acumulado nas instalacións

Un bombeiro resultou afectado cando traballaba na extinción dun incendio que mobilizou aos efectivos dos parques de Arteixo, Coruña e Betanzos.

O afectado xa foi trasladado consciente e estable, mentres os equipos continúan no lugar debido ao intenso fume acumulado nas instalacións.

Ás 18:30 horas da tarde de onte, varias persoas contactaron co 112 Galicia para dar conta dun incendio no soto dunha nave dedicada á venta de mobles, situada na Avenida das Mariñas, en Oleiros. A proximidade do aparcamento e o intenso fume acumulado motivou a mobilización de varias dotacións de bombeiros procedentes dos parques de Arteixo, Coruña e Betanzos, que arestora permanecen no lugar ata a completa extinción do incendio e a ventilación do espazo, aínda ateigado de fume.

Posiblemente, a intensidade da calor no interior do soto afectou a un dos membros do operativo, polo que foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) para ser sometido a un recoñecemento médico.

Cómpre sinalar que os efectivos do servizo local de Protección Civil colaboran neste operativo, ao igual que os axentes das Policías Local e Autonómica.  

Comentarios
Lo más