"Vitamina N" llega hoy a la Alameda con un paseo por el parque
O autor de “A Torre”, Antonio Sandoval, é o coordinador desta iniciativa editorial que fomenta a sensibilización co coidado do medio ambiente a través da literatura
Celebrar o mundo natural a través da literatura e invitar á reflexión sobre a necesidade de protexer a biodiversidade é o obxectivo da colección Vitamina N, de KALANDRAKA. “Somos natureza, criaturas naturais”, afirma o escritor, comunicador ambiental e ornitólogo Antonio Sandoval, que coordina esta iniciativa editorial e advirte sobre a urxencia de restaurar e reconstruír os equilibrios ecolóxicos que hoxe en día están rotos ou en serio perigo de conservación.
A colección, co lema Lecturas ao Natural, presentarase hoxe, sábado 4 de maio ás 20:00 horas, na Feira do Libro de Santiago. Consistirá nunha pequena ruta de natureza pola Alameda -coas instalacións da Feira como punto de encontro- na que Antonio Sandoval comentará aspectos relacionados coa observación de aves.
Partindo do concepto de “Transtorno por déficit de natureza”, desenvolvido polo escritor Richard Louv para explicar as doenzas físicas, sensoriais, emocionais e culturais motivadas polo desapego do medio natural, Vitamina N aspira a combater esas alteracións motivando as lectoras e os lectores a recobrar o contacto coa biodiversidade, a comprendela, admirala e respectala dun modo consciente, san e construtivo, activando “un compromiso persoal e social cada vez maior coa súa conservación e recuperación”, explica Sandoval.