miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Emotivo homenaxe a José Ángel Martínez Parada durante o peche da exposición sobre a misión española en Afganistán

O mércores da vindeira semana abrirase outra exposición, neste caso dedicada a Picasso da man do Museo do Gravado de Artes.

Non faltaron as bágoas no peche da exposición “Misión: Afganistán” que dende o pasado 16 de abril estivo a exhibirse na Casa do Concello e é que o remate da mostra serviu para realizar unha máis que merecida homenaxe á memoria de José Ángel Martínez Parada, soldado riveirense que morrera nesta operación o 16 de agosto de 2005, causando unha fonda dor entre a veciñanza do municipio.

Ante a presenza dos seus pais, o alcalde Manuel Ruiz e o delegado do Ministerio de Defensa en Galicia, o coronel Antonio Bernal Martín, tiveron unhas emotivas palabras de lembranza que deu durante aquela misión o máis importante que tiña: a súa vida.

Despois desta mostra integrada por trinta fotografías sobre os labores humanitarios do Exército español no país asiático baixo o mandato da ONU, no mércores da vindeira semana abrirase outra exposición, neste caso dedicada a Picasso da man do Museo do Gravado de Artes.

Comentarios
Lo más