miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

En Marea reclama unha alta participación nestes comicios

En Marea reclama unha alta participación nestes comicios
En Marea reclama unha alta participación nestes comicios

O presidente da Xunta reiterou onte a súa confianza absoluta en Tahoces, argumentando que "como non imos confiar nel, se levamos confiando moitos anos"

"Quen está sentado no banco dos acusados é o goberno de Feijóo", sinala o vicevoceiro do Grupo Parlamentario En Marea tras coñecer que o presidente da Xunta trata de desviar a atención sobre o feito de que unha das persoas da súa máxima confianza, o director xeral de Minas, Angel Bernardo Tahoces, estea imputado por prevaricación ambiental pola xestión da mina de San Fins (Lousame). "Feijóo mente e volve utilizar o comodín de bipartita para eludir as responsabilidades do seu goberno".

"Mentiu porque a concesión mineira de San Fins é de 1884, e en canto á alusión ao bipartito, dicir que quén está sentado no banquillo como imputado é o goberno de Feijoo e non ningún outro", engadiu o parlamentario de En Marea, antes de aclarar que o que fixo o bipartito foi unha resolución de transmisión de dereitos mineiros condicionada á elaboración dun Estudo de Impacto Ambiental no prazo de 3 meses. "Xustamente o estudo que o señor Tahoces exonerou de facer á empresa, sendo unha das razóns polas que está imputado".

Trala solicitude aprazamento da declaración perante a xustiza por parte da súa defensa baixo o argumento de precisar máis tempo para revisar o expediente, Sánchez considera que "non é moi coherente con alardear de colaboración coa xustiza, máis ben é unha evidencia de que tratarán de entorpecer todo o posible o procedemento xudicial".

O presidente da Xunta reiterou onte a súa confianza absoluta en Tahoces, argumentando que "como non imos confiar nel, se levamos confiando moitos anos". Para Antón Sánchez, con estas declaracións, Feijóo demostra que o seu modelo de goberno é e vai seguir sendo o da connivencia e a tolerancia con determinadas empresas que contaminan o noso país a custe cero.

E compara esta confianza coa que lle profesaron a Bárcenas dende o PP durante máis de vinte anos. "Se de verdade estivese comprometido coa sostenibilidade, co ben común e coa trasparencia cesaría inmediatamente ao señor Tahoces, que ten un historial negro de colaboración e ocultación de agresións ambientais ao longo e ancho do país", concluíu Antón Sánchez.

Comentarios
Lo más