miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Reyes acusa de "nula capacidade de xestión" polos pregos dos comedores escolares

Reyes acusa de "nula capacidade de xestión" polos pregos dos comedores escolares
Reyes acusa de "nula capacidade de xestión" polos pregos dos comedores escolares

O concelleiro denunciou a situación de "improvisación, deixadez e falta de previsión nun tema tan sensible como é o dos comedores escolares" e, nesta liña, lembrou que precisamente este prego foi un dos primeiros problemas que tivo CA ao inicio do mandato

"Compostela Aberta remata o mandato como empezou: amosando a súa nula capacidade de xestión". Con estas palabras cualificaba o voceiro socialista, Paco Reyes, o acontecido cos pregos dos comedores escolares, de cuxa situación falaba onte o propio concelleiro de Educación, Manuel Dios. O edil do PSdeG lembraba que, unha vez máis, o grupo de goberno ten esperado a que remate a concesión e non se poidan conceder máis prórrogas -neste caso á empresa encargada da xestión dos comedores escolares de Santiago- para encargar agora a unha empresa a elaboración dos pregos.

Como destacou Reyes, o contrato dos comedores remata en xuño e o goberno de Martiño Noriega vén de contratar a unha empresa para elaborar os pregos e, así, garantir que os servizo se poida prestar ao inicio do vindeiro curso. Iso si, o voceiro socialista está convencido de que o servizo non se vai poder adxudicar antes de que remate o mandato e, polo tanto, "traslada á nova corporación e ao novo goberno

O concelleiro denunciou a situación de "improvisación, deixadez e falta de previsión nun tema tan sensible como é o dos comedores escolares" e, nesta liña, lembrou que precisamente este prego foi un dos primeiros problemas que tivo CA ao inicio do mandato. "CA remata o mandato como empezou, amosando unha nula capacidade de xestión, e nun dos temas que foi un dos leitmotiv que amosaron o paradigma de nula xestión por parte de CA que, catro anos máis tarde, tropeza na mesma pedra", asegurou Reyes, que engadiu que "en catro anos nos aprenderon nada".

O grupo socialista esixiu ao goberno municipal que leve a cabo a tramitación "o máis axiña posible", aínda que destacou que vai ser a nova corporación e o novo goberno os que teñan que resolver este problema. 

Comentarios
Lo más