miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 800 persoas asistirán mañá á xuntanza das persoas maiores de Ordes

Máis de 800 persoas asistirán mañá  á xuntanza das persoas maiores de Ordes
Máis de 800 persoas asistirán mañá á xuntanza das persoas maiores de Ordes

Como vén sendo habitual ao longo dos últimos anos, esta gran festa terá lugar na carpa instalada no mesmo Campo da Feira

Máis de 800 persoas asistirán hoxe á xuntanza de maiores organizada polo concello de Ordes. Nesta ocasión contará tamén coa presenza de Fabiola García Martínez e Idelfonso de la Campa Montenegro, conselleira de Política Social e director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade respectivamente. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, así como os membros do seu equipo de Goberno e moitos dos integrantes da corporación local, tamén asistirán á celebración.

Como vén sendo habitual ao longo dos últimos anos, esta gran festa terá lugar na carpa instalada no mesmo Campo da Feira. Alí celebrarase unha misa ás 13.30 horas seguida dunha sesión vermú. Xa na mesa todas e todos os comensais desfrutarán dun menú a base de empanada galega, polbo, bacallau, xarrete de tenreira, tortas de fresa e de améndoa e queixo. Posteriormente a música e a festa volverán animar a sobremesa.

Comentarios
Lo más