Santiago protagonista nas XVII Xornadas Interdisciplinarias e formativas en Alzhéimer
A inauguración, que terá lugar ás 10:30 horas, será realizada polo Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, Presidente da Federación Alzhéimer Galicia
A Federación Alzhéimer Galicia organiza para hoxe sábado 4 de maio as XVII Xornadas Interdisciplinarias, xornadas formativas en alzhéimer e outras demencias, que comezarán ás 9:15h no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela, e nas que participarán máis de 200 profesionais do sector sociosanitario e da investigación en demencias.
Nesta nova edición, as Xornadas farán fincapé, sobre o impacto internacional e europeo dos plans de acción mundial da OMS sobre a resposta da sanidade pública ás demencias, contando con Stefanie Freel (Consultora da OMS). Seguindo esta liña, afondarase no traballo realizado en Irlanda no relativo ás súas estratexias de actuación nas demencias da man do Director Executivo da Sociedade de Alzhéimer de Irlanda, ademais de contar con representantes do Centro de Referencia Estatal de Alzhéimer (María Fraile) e de profesionais que profundizarán no camiño da excelencia que deben seguir as asociacións membro como modelo de xestión baseado en indicadores de calidade (María Eugenia Fernándes).
A inauguración, que terá lugar ás 10:30 horas, será realizada polo Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, Presidente da Federación Alzhéimer Galicia, quenes aproveitarán este acto para a sinatura do Convenio que renova a colaboración que estas dúas institucións levan desenvolvendo desde fai más de 12 anos. Pola súa banda, a clausura será ás 15h coa presenza da Xefa Territorial da Consellería de Política Social na Coruña, María Blanco Aller, e o presidente e a vicepresidenta de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez e Isabel Gey.