Volve o pintado nas prazas de estacionamento da Pontepedriña
06:30 04/05/19
06:30 04/05/19
Procederase ao pintado das prazas máis afastadas do Ensanche, no tramo polo que se accede dende a rúa do Río Arriba
Hoxe sábado 4 de maio procederase ao pintado do estacionamento da Pontepedriña para a súa entrada en funcionamento como zona ORA de longa duración.
Procederase ao pintado das prazas máis afastadas do Ensanche, no tramo polo que se accede dende a rúa do Río Arriba. Tampouco se poderá estacionar nesta xornada durante a execución dos traballos.
O pasado mércores 1 pintáronse as prazas da parte do aparcadoiro máis próxima á rotonda do Hórreo, Amor Ruibal e Romero Donallo, polo que durante todo o día estivo prohibido o estacionamento nese tramo.