A EMMA abre o seu prazo de renovación de prazas
A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) abre un primeiro prazo de renovación de prazas para o próximo curso 2019-2020, dirixido aos alumnos que xa estiveron matriculados na EMMA este curso
A Escola Municipal de Musica de Ames abre o prazo de renovación de prazas para o curso 2018-2019 entre o 2 e o 10 de maio. Este primeiro prazo de inscrición está orientado, exclusivamente, aos alumnos e alumnas da Escola para a continuación de estudios. Por outra banda, todas aquelas persoas que desexen comezar estudios musicais na EMMA deberán realizar a matrícula entre o 29 de maio e o 10 de xuño.
A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) abre un primeiro prazo de renovación de prazas para o próximo curso 2019-2020, dirixido aos alumnos que xa estiveron matriculados na EMMA este curso. O prazo abrangue dende o día 2 ata o 10 de maio. Durante as primeiras semanas de maio os profesores da EMMA xa se encargaron de entregarlle a cada alumno un sobre con toda a documentación e impresos para realizar a renovación de prazas.
Os impresos deberán entregarse debidamente cubertos, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no rexistro da Oficina Municipal do Milladoiro, no rexistro electrónico, no rexistro do Pazo da Peregrina ou no rexistro da Casa do Concello, estes dous últimos situados en Bertamiráns. Cómpre lembrar que para poder matricularse na Escola Municipal de Música de Ames é preciso estar empadroado no Concello de Ames.
O alumnado da escola poderá solicitar, se así o desexa, un cambio de especialidade instrumental ou vocal. Este cambio poderase solicitar xa para o próximo curso, e adxudicarase por sorteo público ao que é preciso asistir o mércores 22 de maio ás 20:30 na Aula 7 de Aldenova.