miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chega o Correlingua a Compostela

Chega o Correlingua a Compostela
Chega o Correlingua a Compostela

1.600 rapazas e rapaces chegados de 20 centros de ensino da comarca percorrerán as rúas de Compostela con saída ás 11 e remate ás 13:15 na praza da Quintana

A edición 2019 do Correlingua, carreira pola lingua na que participa alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, chega a Santiago o próximo 6 de maio

1.600 rapazas e rapaces chegados de 20 centros de ensino da comarca percorrerán as rúas de Compostela con saída ás 11 e remate ás 13:15 na praza da Quintana. Na festa final, presentada pola actriz Isabel Risco, lerase o manifesto gañador este ano do concurso nesta categoría, que leva por título “Temos química coa nosa lingua”. 

Así mesmo actuará a cantautora cambadesa Pauliña, gañadora este ano do concurso Cantalingua, e haberá un concurso de animación.

CORRELINGUA

De Cangas a Ribadeo, da Coruña e Monforte… O Correlingua volve, dende o xoves 3 e até o día 16 a percorrer o país co galego como fórmula. Este é o lema da XVIII edición dunha actividade organizada conxuntamente pola Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Socio Pedagóxica Galega e a CIG-Ensino que naceu co obxectivo de reclamar que as crianzas e a mocidade galegas poidan estudar, xogar e vivir con normalidade na nosa lingua. 

Tal e como lembraba o secretario xeral da CIG-Ensino na presentación desta edición o pasado 5 de abril “as actividades de fomento e promoción do galego son máis necesarias ca nunca despois do retroceso no número de falantes, nomeadamente entre as xeracións máis novas, e dos ataques que desde a Xunta se realizan á nosa lingua, minguándoa en dereitos, como co Decreto do Plurilingüismo do que se cumpre o décimo aniversario e que prohibe impartir en galego as materias científicas”.

Precisamente este Correlingua xira arredor da ciencia e fai referencia á táboa periódica dos elementos químicos que cumpre tamén 150 anos. “Non queremos que o galego sexa unha fórmula segreda, senón que sexa a fórmula maxistral do noso pobo, elaborada por todos e cada un dos galegos e galegas que nola transmitiron en herdanza e que queremos depositarlla á mocidade que representa o seu futuro”, explicaba Suso Bermello no acto de presentación en Lugo.

Comentarios
Lo más