Ferido un ciclista en Padrón tras bater contra un camión
19:36 02/05/19
19:36 02/05/19
O ciclista foi trasladado ao Hospital Clínico
Ás 18:30 horas de hoxe, o 112 Galicia recibiu o aviso doutro ciclista ferido despois de bater contra un camión cando se desprazaba pola estrada de Santiago, á altura do Santuario da Escravitude.
- Como consecuencia do golpe, o home sufriu diversas lesións, polo que foi trasladado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao Hospital Clínico de Santiago.
De igual modo, para colaborar co equipo médico, os xestores do 112 Galicia avisaron aos membros do GES da localidade, así como aos axentes da Garda Civil.