miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Marea presenta a súa candidatura para o 26M ca compañía de Xose Manuel Beiras

A Marea presenta a súa candidatura para o 26M ca compañía de Xose Manuel Beiras
A Marea presenta a súa candidatura para o 26M ca compañía de Xose Manuel Beiras

O acto, que ten prevista unha actuación musical, contará cas intervencións do alcaldable Manolo Seijas, da nº2 Lola Caramés, da nº 3 Chelo Martínez e do nº6 Jose Romarís

O acto de presentación da candidatura terá lugar hoxe día 3 de maio ás 21.00h, e contará ca presencia do histórico líder rupturista.

Tras a aprobación por parte da Asemblea da Marea Cidadá de Noia da proposta de candidatura feita polo cabeza de lista Manolo Seijas, hoxe venres día 3 de maio terá lugar no Coliseo Noela o acto de presentación da candidatura.

O acto, que ten prevista unha actuación musical, contará cas intervencións do alcaldable Manolo Seijas, da nº2 Lola Caramés, da nº 3 Chelo Martínez e do nº6 Jose Romarís. Ademáis, fará tamén uso da palabra o histórico líder rupturista Xose Manuel Beiras Torrado, quen xa tiña acompañado á formación hai 4 anos.

Este acto ten como finalidade dar conta do traballo realizado e expoñer o proxecto a futuro, así como presentar unha candidatura ampla e renovada.

Tras as eleccións do 28A onde o espazo progresista obtivo unha maioría considerable, a Marea Cidadá de Noia presenta a súa candidatura coa vontade de levar o cambio a Noia e de formar un goberno de esquerdas no municipio.

Comentarios
Lo más