miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Santomil aclara o bulo sobre o final da actividade de psicomotricidade

Santomil aclara o bulo sobre o final da actividade de psicomotricidade
Santomil aclara o bulo sobre o final da actividade de psicomotricidade

El concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, afirma que a empresa ten dous anos de prórroga

Fai un par de días saltaba a noticia de que o servizo de psicomotricidade, ofertado polo Concello de Ames, non volvería o vindeiro curso e que serían as ANPAS dos centros educativos de Ames as encargadas de ofrecer esta actividades para os máis pequenos.

David Santomil, concelleiro de Educación e Cultura, aclarou a COMPOSTELA24HORAS que a noticia é un "bulo". "A actividade está a realizarse. Van dous anos de contrato coa empresa e agora corresponde 1+1 de prórroga", afirma o concelleiro.

A empresa encargada do servizo é FESAN e a non ser que non soliciten a prórroga teñen dous anos máis de contrato polo que o servizo está garantizado ata o 2021.

Comentarios
Lo más