Agustín Hernández reúnese con máis de 40 representantes das parroquias do rural santiagués e membros da directiva da asociación de veciños da Pontepedriña
O candidato Popular agradeceu, durante unha cea, o traballo que están a levar os veciños do rural para facerlle chegar as súas de mandes e, así poder incorporalas ao programa que presentará nos vindeiros días
O candidato e presidente do Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández, mantivo varias reunións cos veciños de Santiago. Durante unha cea de traballo, organizada por máis de 40 representantes da veciñanza do rural da capital de Galicia, o dirixente Popular puido recoller, de forma máis específica, ás numerosas carencias que sofre esta área de Santiago.
Hernández escoitou que son moitos os anos os que o Partido Popular leva traballando para coñecer o que precisa a xente que traballa e vive no rural, polo que lle lembrou aos asitentes que, de obter a confianza dos santiagueses o vindeiro 26 de maio, o Goberno que forme contará cunha concellería so adicada ao rural, xa que esta parte de Santiago é moi extensa e ten sido maltratada, polo que se fai necesaria unha renovación inensa.
Os asistentes subliñaro, entre outras coudsas que o rural santiagués segue sen ter o transporte público que merece, falta abastecemento e saneamento, con pistas que carecen do mantenemento máis básico, zonas sen rozar e carencia de servizos básicos.
Por outra banda, Agustín Hernández quixo agradecer o traballo que están a levar a cabo os seus colaboradores e os representantes das 21 parroquias do rural, que levan moitos meses pegados ao terriotorio para coñecer “de primeira man os problemas do rural” e subliñou a desatención do actual Goberno ao rural compostelano.
Como anécdota e exemplo desta situación de desleixo por parte do Executivo local, explicou que, ata na propioa páxina web do Concello amosan o seu total descoñecemento destas áreas de Santiago, posto que segundo o lugar da web que un usuario consulten o número das parroquias varían.
Pontepedriña
O candidato Popular tamén mantivo un encontro con representantes da Asociación Veciñal Pontepedriña, que lle fixeron chegar o seu malestar polo abandono do barrio e o total desinterese por parte do Concello para arranxar as cousas máis sinxelas desta zona.
Para os veciños do barrio santiagués, a construcción da nova Estación Intermodal estalle servindo ao Concello de escusa para non levar a cabo arranxos nesta área de Santiago, que reclama, entre otras cousas un estudo serio do tráfico e das afeccións no barrio; unha mellora nas marquesiñas, frecuencias e nos vehículos do transporte urbano; una adecuada recollida de lixo; e, sobre todo, una adecuación das beirarrúas que se atopan en moi mal estado, o que supón un perigo para os vecinos.
Hernández explicoulles que é necesario facer unha actuación nas dúas rotondas do barrio, tanto na de Sar como na da Pontepedriña, a través dun rediseño destas infraestruturas, o que significaría facilitar os movementos do tráfico o que melloraría o movemento de vehículos na zona, de forma notable.
Entre outras moitas carencias, os veciños tamén insistiron na necesidade de mellorar a accesibilidade para persoais maiores o de mobilidade reducida; adecuar o parque infantil Amor Ruibal; mellorar o coidado do parque Eugenio Granell e unha actuación sobre a contorna do centro socio cultural, co fin de facelo máis accesible e visible aos veciños do barrio.