Queda atrapado no interior do seu vehículo despois de bater contra unha columna en A Coruña
O conductor tivo que ser excarcerado. Sucedeu sobre as 09:00 horas na Avenida Pedro Barrié de la Maza
Un condutor foi liberado tras quedar atrapado no interior do vehículo que conducía despois de bater contra unha columna. Os feitos ocorrían á primeira hora desta mañá, a escasos minutos das 09:00 horas cando o condutor e único ocupante do turismo circulaba pola Avenida Pedro Barrié de la Maza, á altura do edificio de Facenda, na cidade da Coruña.
O 112 Galicia nada mais recibir o aviso de varios particulares que presenciaron o accidente, axiña, puxo os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios, dos Bombeiros da cidade e dos axentes da Policía Local. Así mesmo, informou do suceso aos efectivos de Protección Civil.
Tras ser liberado, unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias trasladou ao ferido ata o Hospital Clínico Universitario da Coruña.