miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Liorta no último pleno ordinario da Diputación de Lugo

Liorta no último pleno ordinario da Diputación de Lugo
Liorta no último pleno ordinario da Diputación de Lugo

A liorta foi entre o alcalde de Pol do PSOE, Lino Rodríguez e o que foi diputado do PSOE, Manuel Martínez

Onte, no último pleno ordinario da Diputación de Lugo acabou en liorta nos últimos cinco minutos. Unha pregunta do Partido Popular sobre si a Diputación e os concellos teñen permiso da Xunta para abrir as residencias provinciais, tornou nunha liorta entre Lino Rodríguez, diputado socialista e o que fora diputado do PSOE, Manuel Martínez.

Lino Rodríguez, que é alcalde de Pol onde queren abir a residencia en maio, contestou ao PP: "eu vou abrir a residencia con permiso ou sen permiso". Acto seguido, Martínez aplaudiu con sorna, momento no que Rodríguez fixo o famoso xesto coa man ao son de "a tomar poco cú". Aquí empeza un enfrontamento entre os dous e tamén varios diputados. Pódese ver no vídeo como algunhas diputadas socialistas intentan calmar a Lino Rodríguez. E tamén se ve como Martínez pide ao presidente que Rodríguez sea expulsado por insultar.

Pódeno ver neste vídeo a partir do minuto 3:05:20.






Comentarios
Lo más