jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Condenan a dez anos de cárcere a un home de 26 anos por abusar sexualmente dunha nena de 13 na Coruña

Condenan a dez anos de cárcere a un home de 26 anos por abusar sexualmente dunha nena de 13 na Coruña
Condenan a dez anos de cárcere a un home de 26 anos por abusar sexualmente dunha nena de 13 na Coruña

Impúxolle a prohibición de aproximarse a menos de 500 metros da vítima, do seu domicilio, centro docente, ou de calquera lugar onde se atope, así como de comunicarse con ela por calquera medio durante 12 anos

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home a dez anos de cárcere, así como a cinco anos de liberdade vixiada, por cometer un delito de abuso sexual a menor de 16 anos con acceso carnal. Ademais, impúxolle a prohibición de aproximarse a menos de 500 metros da vítima, do seu domicilio, centro docente, ou de calquera lugar onde se atope, así como de comunicarse con ela por calquera medio durante 12 anos.

O tribunal considera probado que a finais de xaneiro e principios de febreiro de 2017, no interior dun vehículo aparcado na zona de Vilaboa (Culleredo), o acusado, de 26 anos, mantivo relacións sexuais coa menor, que tiña 13 anos, “maila ter coñecemento da súa idade e de que esa circunstancia condicionaba o seu consentimento”. A partir dese momento, segundo os maxistrados, mantivo relacións sexuais coa vítima “en diversas ocasións”, a última en agosto de 2017.

A Audiencia indica na sentenza que a declaración da menor é “convincente”, pois achegou “suficientes detalles sobre os feitos” e, ademais, por estar “corroborada por elementos obxectivos, por proba testemuñal de cargo e polas propias deficiencias e contradicións das declaracións autoexculpatorias do acusado”.

“Pretender alegar que a declaración se produce como represalia por un amor resentido parece un argumento bastante débil porque non se observan trazas desa emoción na menor”, destaca o tribunal, que tamén salienta que a vítima precisou “que nun primeiro momento se sentiu cegada porque alguén da idade do acusado se fixase nela, pero que esa confusión inicial se desfixo ao comprobar o móbil sexual que o guiaba e porque a amenazaba para prolongar os seus propósitos no tempo”.

Comentarios
Lo más