Padrón recupera a normalidade
O Campo do Souto volve a ser un aparcadoiro libre e gratuíto
Despois dos festexos da Pascua de Padrón, o Campo do Souto volve a ser un aparcadoiro libre e gratuíto. As atraccións da feira acaban de estar dúas semanas aparcadas nesa área e agora xa recolleron para que o concello volva á vida normal.
Estas festas estiveron marcadas polo bo tempo, sobre todo en fin de semana, tanto de Pascua como de Pascuilla. Esto fixo que a afluencia de xente fora moito maior. Segundo datos do concello, sobre 180.000 persoas se acercaron ás festas. E os tres días grande foron o Venres Santo, o sábado e o Domingo de Pascual. Ainda que o día da feira de cabalos, Padrón estuvo especialmente ateigado de xente.
Onte o concelleiro Ángel Rodríguez explicou que agora o que queda é cerrar pequenos asuntos relacionados coa festa, e despois, en todo caso, pensar na próxima edición, sempre que renove mandato. Pode ser que o ano que ven Padrón disfrute da declaración de interés turístico de Galicia.