miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As motos clásicas danse cita mañá en Padrón

As motos clásicas danse cita mañá en Padrón
As motos clásicas danse cita mañá en Padrón

O evento, organizado por a Asociación Terras de Padrón, suma cada ano máis participación, e estase a convertir nun referente 

Como cada ano, mañá daranse cita máis de 280 motos históricas de todo Galicia e norte de Portugale en Padrón. O evento, organizado por a Asociación Terras de Padrón, suma cada ano máis participación, e estase a convertir nun referente. De feito, o pasado Domingo de Pascuilla a Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón rendíronlle homenaxe á asociación, facendolle entrega dunha placa conmemorativa.

A primeira hora de mañá, os visitantes poderán disfrutar dunha breve exposición ao aire libre dos vehículos participantes. A partir das 10:30 horas comenzará a desfilar facendo un total de 102 quilómetros e recorrendo por municipios da comarca de O Barbanza: Noia, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Dodro. Despois estarán de volta en Padrón. 

Esta xornada moteira rematará cunha comida dunhas 300 persoas no Hotel Scala, na que terán lugar a entrega de distincións ás mellores motos, así como un sorteo de regalos para os asistentes.

Comentarios
Lo más