Encontro entre Compostela Monumental, Compostela Vella e Bascuas
A reunión entre representantes destas entidades xirou sobre as necesidades do Casco Histórico
Xoán Bascuas, Compostela Monumental e a Asociación Veciñal Compostela Vella veñen de manter unha xuntanza na que, entre outras cousas, tratáronse as distintas demandas para dinamizar e modernizar o comercio de proximidade do Casco Histórico, así como dos problemas que afectan á cidadanía da zona vella de Santiago.
Ao longo da xuntanza tamén se valoraron, os diferentes modelos de humanización das rúas, así como os problemas de accesibilidade e comunicación que tamen afectan tanto o comercio como a veciñanza.
Dende Compromiso valoran como moi positiva a xuntanza así como os formulacións que fan dende Compostela Monumental para dinamizar o comercio do Casco Histórico facendo máis atractivo o comercio de proximidade.
De igual modo, Compromiso fai súa a proposta realizada por Compostela Vella de tratar a humanización e adaptación tecnóloxica, así como de abastecemento de auga, nunha rúa a modo de experiencia piloto.