Atopan o corpo dun home falecido despois de extinguir unha queima descontrolada
Foi un veciño quen pasadas as catro da tarde chamou ao 112 Galicia para dar conta dun lume entre Barrio e Fervenza, no que xa estaban a traballar efectivos do distrito forestal da zona
Os servizos de emerxencias atoparon a unha persoa falecida despois de extinguiren unha queima descontrolada no Ribeiro, Bande.
Foi un veciño quen pasadas as catro da tarde chamou ao 112 Galicia para dar conta dun lume entre Barrio e Fervenza, no que xa estaban a traballar efectivos do distrito forestal da zona. Cando remataron estas tarefas, localizaron a unha persoa tendida no chan e a carón da queima, aínda que, de momento, descoñécense as causas do suceso.
Deste xeito, os xestores do 112 Galicia pediron a intervención dos axentes da Garda Civil e tamén solicitaron a colaboración dos membros do GES de Muíños, sobre todo, para traballar conxuntamente cos efectivos do distrintos forestal se fose necesario.