O TSXG confirma a condena de tres anos de cárcere a un condutor que transportaba heroína
O valor da substancia intervida alcanzaría no mercado ilícito un valor de 8.116 euros
O TSXG confirmou a condena de tres anos de cárcere que lle impuxo a Audiencia Provincial de Pontevedra a un home que transportaba heroína no seu vehículo por unha estrada de Cambados e tirouna contra a maleza dunha leira cando advertiu a presenza policial. O valor da substancia intervida alcanzaría no mercado ilícito un valor de 8.116 euros.
“As supostas deficiencias na cadea de custodia que sinala o recorrente nin incrementan significativamente a posibilidade de que acaecese algunha desas manipulacións, nin diminúen as posibilidades de descubrilas, nin desde logo converte en algo plausible o que por ninguén sería imaxinado neste suposto”, indica o TSXG, que destaca que “non hai razón ningunha para dubidar de que a substancia analizada foi xustamente a ocupada”.