Javier Losada destaca o compromiso do Goberno coa protección do patrimonio do Camiño de Santiago en Galicia
O Boletín Oficial publica avances de actuacións sobre a Catedral de Santiago
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, destacou o compromiso do Goberno coa protección e recuperación do patrimonio vencellado ao Camiño de Santiago en Galicia, tralo impulso que recibe na edición de onte do Boletín Oficial do Estado.
O BOE recolle sendos anuncios do Ministerio de Fomento que se inclúen no Programa de Rehabilitación do Patrimonio Histórico e que supoñen investimentos superiores aos 2,1 millóns de euros, financiados íntegramente polo Ministerio. Trátanse da licitación das obras de restauración da Escalinata e a Cripta da Catedral de Santiago de Compostela e da adxudicación das obras de recuperación e posta en valor do núcleo rural tradicional de Fonfría, na ruta a Santiago ao paso polo concello lucense de Pedrafita do Cebreiro.
O delegado do Goberno destaca que estos anuncios permitirán iniciar as obras neste ano 2019 de xeito que a relacionada coa ruta en Pedrafita poderá iniciarse en maio e o da catedral de Santiago podería iniciarse este outono, segundo as previsións que manexa o Ministerio de Fomento.
ESCALINATA E CRIPTA DA CATEDRAL DE SANTIAGO
O anuncio de licitación publicado onte corresponde á restauración da gran escalinata de acceso pola fachada do Obradoiro, escalinata renacentista construída a comezos do século XVII e da reixería que completa e peche da escalinata pola súa fronte e os paramentos laterais, realizada en 1791.
Así mesmo, intervirase na cripta románica, recuperando unha das dúas escaleiras, que se atopa cegada, que comunican coa nave central da igrexa, así como outras actuacións puntuais no arranque da fachada no seu encontro coa terraza de acceso e na parte inferior da torre sur.
O importe de licitación da obra ascende a 1.578.106 euros e prevese un prazo de execución de dezaseis meses.
Estas actuacións supoñen unha continuidade aos traballos acometidos na fachada e nas torres do Obradoiro, mantendo a unidade de criterio de acordo ao Plan Director existente.O Ministerio de Fomento veu actuando na Catedral de Santiago de Compostela, tanto a través do Programa de rehabilitación Arquitectónica, como a través do 1,5% Cultural. O pasado ano finalizaron os traballos de restauración do cimborrio da Catedral, que supuxeron unha achega próxima ao millón de euros.