miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Comezan as obras de ampliación da ponte de Berrimes en Lousame

Comezan as obras de ampliación da ponte de Berrimes en Lousame
Comezan as obras de ampliación da ponte de Berrimes en Lousame

As obras contemplan a demolición da actual ponte sobre o rego Pesqueira e a súa substitución por unha obra de maiores dimensións que permita o paso simultáneo e en condicións de seguridade de vehículos e peóns

O Concello de Lousame informa do inicio das obras de ampliación da ponte de Berrimes (Lousame) na DP-4202. Dende o Concello de Lousame se fixeron todos os trámites e xestións precisas para a realización desta ampliación da ponte de Berrimes, adxudicada pola Deputación Provincial da Coruña á empresa Nexia Infraestruturas SLU por 173.402,08 euros. As obras contemplan a demolición da actual ponte sobre o rego Pesqueira e a súa substitución por unha obra de maiores dimensións que permita o paso simultáneo e en condicións de seguridade de vehículos e peóns. Os traballos incluirán tamén o acondicionamento da estrada DP-4202 para ampliar o seu ancho, co obxecto de acadar os 12 metros nas inmediacións da nova ponte.

A ponte actual, emprazada no punto quilométrico 1+800 da DP-4202, ten unhas dimensións reducidas, polo que impide o paso simultáneo de vehículos e peóns en condicións de seguridade. De feito, o tránsito dos peóns discorre polos arcéns sen pavimentar nos laterais da estrada que, ao ser á vez moi estreito, provocan que as máis da veces circulen polo borde da estrada, co risco de atropello que iso supón.

O Concello de Lousame xa actuara previamente na zona a pasada lexislatura, pero a ponte non se acometera daquela porque precisaba dun financiamento e duns permisos especiais, polo que se solicitou á Deputación que o acometera con posterioridade.

Comentarios
Lo más