miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As estradas galegas rexistraron 50 accidentes nesta fin de semana

As estradas galegas rexistraron 50 accidentes nesta fin de semana
Foto de arquivo
As estradas galegas rexistraron 50 accidentes nesta fin de semana

O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 20 accidentes

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 62 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 26 de abril ata as 23:59 horas do domingo, 28 de abril. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 20 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 50 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 44 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 62 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58 % e do 42 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 32 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 19 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 58. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en seis accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 44 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nunha ocasión.

En cinco casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 57 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Comentarios
Lo más