jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Ferido de gravidade un menor ao caer dun tellado dunha fábrica abandonada

Ferido de gravidade un menor ao caer dun tellado dunha fábrica abandonada
Ferido de gravidade un menor ao caer dun tellado dunha fábrica abandonada

Os feitos sucederon no lugar de Listanco, na parroquia de Armeses, ao fío das 17:10 horas de onte

Un menor resultou ferido de gravidade onte á tarde en Maside ao caer desde o tellado dunha fábrica industrial abandonada ao interior da nave. O mozo, que no momento dos feitos atopábase acompañado doutros menores, tivo que ser trasladado nun helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Os feitos sucederon no lugar de Listanco, na parroquia de Armeses, ao fío das 17:10 horas de onte. Nese momento, un dos menores que acompañaba ao mozo que caeu ao interior da fábrica contactaba co 112 Galicia para alertar do sucedido.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o punto a aeronave. Ademais, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e dos Bombeiros do Carballiño, que colaboraron na evacuación do ferido ata o helicóptero.

Comentarios
Lo más