jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Máis de 3.000 quilos de champiñón en Ordes

Máis de 3.000 quilos de champiñón en Ordes
Máis de 3.000 quilos de champiñón en Ordes

ExpoOrdes cerra as súas portas ata o vindeiro ano co obxectivo cumprido

Chegaron a pouco os máis de 3.000 quilos de champiñóns que os hostaleiros prepararon nesta última xornada de ExpoOrdes. Un día, como ben manda a tradición, no que o protagonismo está no prato e especialmente neste produto estrela que hoxe marcou a pauta na vila. Sen dúbida este ano o tempo axudou a que a cita fose un éxito. Bastaba con dar un golpe de vista ao Campo da Feira e demais rúas para ver os bares e terrazas cheas de xente.

Nada máis e nada menos que trinta anos van dende que o municipio leva celebrando esta ínclita Festa do Champiñón. Non é que sexa unha rivalidade entre barras pero visitantes e veciñanza andan arreo para poder probar o maior número de receitas por bares e restaurantes. Con nata, con allo, en empanada, con xamón, elaborado en queixo.... unha vez máis os profesionais dos fogóns botaron a ferver a súa imaxinación para sorprender á clientela e sorprender as papilas gustativas da clientela. E é que está claro que a Festa do Champiñón ten futuro

Polo que se refire á feira multisectorial, ao recinto feiral e á mostra de maquinaria agrícola a afluencia de público foi moito máis que satisfactoria. Moitos e moitas “aproveitaron para vir aquí despois de ir votar”, tal e como se podía oír en multitude de corrillos. E é que polo visto o das eleccións máis que restar sumou asistentes.

ExpoOrdes cerra as súas portas ata o vindeiro ano co obxectivo cumprido. Novamente foi o mellor escenario para darlle visibilidade a todos os expositores tanto de Ordes como da súa contorna e tamén para estreitar lazos e vínculos entre o sector empresarial e a clientela.

Para animar esta última xornada a música viu da man da Banda de Música de Ordes, dos gaiteiros de Sementes da Arte e da charanga Santa Compaña.

Comentarios
Lo más