Nuno Costa e Paula Mayobre gañadores da VII Carreira Pedestre de Oroso
08:30 29/04/19
08:30 29/04/19
Despois da proba absoluta celebráronse as probas de categorías inferiores, nas os que os nenos e nenas competiron nun ambiente de gran deportividade
Nuno Costa e Paula Mayobre foron os gañadores en categoría absoluta da VII Carreira Pedestre de Oroso, celebrada o sábado cun gran éxito de participación e asistencia de público.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, deu a salida da proba, que contou, en palabras do concelleiro de Deportes Luis Rey, “cun alto nivel, o gañador da probra, Nuno Costa, viña degañar a VigBay hai uns días”.
Despois da proba absoluta celebráronse as probas de categorías inferiores, nas os que os nenos e nenas competiron nun ambiente de gran deportividade.