jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Un pescador rescatado por un helicóptero ao caer nunha zona rochosa en Fisterra

Un pescador rescatado por un helicóptero ao caer nunha zona rochosa en Fisterra
Un pescador rescatado por un helicóptero ao caer nunha zona rochosa en Fisterra

Ata o lugar desprazouse o helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia, o Pesca I, que rescatou ao pescador

Un home que pescaba na zona de Punta Cabana, en Fisterra, resultou ferido esta mañá ao caer desde unha altura de tres metros a unha zona rochosa e de difícil acceso.

Ata o lugar desprazouse o helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia, o Pesca I, que rescatou ao pescador e o trasladou ata o Hospital de Cee.

Os feitos tiveron lugar ao redor as 11:30 horas e ata o punto desprazáronse tamén os efectivos sanitarios, membros de Protección Civil e axentes da Policía Local.

Comentarios
Lo más