Un incendio provoca danos materiais nunha casa de Chantada
O incendio iniciouse ao fío das 17:45 horas de onte, no número 31 da rúa da Ponte, na parroquia de San Salvador de Asma
Un incendio declarado a pasada noite nunha vivenda en Chantada provocou que ardese parcialmente a casa e que resultasen afectadas outras dúas lindeiras, sen ter que lamentar danos persoais.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume calcinou por completo a parte superior e a cuberta da vivenda onde iniciouse o lume e afectou tamén ás cubertas das dúas vivendas adxacentes.
O incendio iniciouse ao fío das 17:45 horas, no número 31 da rúa da Ponte, na parroquia de San Salvador de Asma. Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia e ,decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron en marcha un operativo no que interviñeron os Bombeiros de Chantada, os Bombeiros de Monforte, os efectivos do GES de Monterroso, a Policía Local, os axentes da Garda Civil e membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Chantada.
A partir de aí, os servizos de emerxencia traballaron arreo na extinción do lume, que quedou totalmente extinguido ao redor das 21:15 horas. Posteriormente, os Bombeiros de Chantada regresaron ata o lugar para asegurar a situación e comprobar que o lume mantíñase sufocado.
Segundo puido saber o 112 Galicia, das tres casas afectadas só unha delas estaba habitada, concretamente na que orixinouse o lume.