Domingo de eleccións con ceos despexados
08:00 28/04/19
08:00 28/04/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima ata os 25ºC
O domingo quedaremos baixo a influencia das altas presións e con circulación do nordés.
Con isto, teremos unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados, con bancos de néboa matinais en zonas de interior. Pola tarde medrarán nubes de evolución en zonas altas do interior.
As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán un notable ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima ata os 25ºC.
Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, con intervalos moderados no litoral norte; réxime de brisas nas Rías Baixas.